​Galicia, preto de alcanzar os 1.800 casos por coronavirus

Imagen coronavirus_Fuente:@AinhoaGoni

  • A área da Coruña segue encabezando a lista das máis afectadas, con 1.045

Este venres os casos activos por coronavirus na comunidade galega ascenden a 1.783, segundos os últimos datos da Consellería de Sanidade. A área de A Coruña rexistra 1.045, Lugo 170, Ourense 157, Vigo 141, a área de Santiago conta con 113 casos, mentres que a de Pontevedra cifra 80 e Ferrol 77.

Do total de pacientes positivos, 6 están na UCI, 64 en unidades de hospitalización e 1.713 no domicilio. Polo de agora en Galicia hai un total de 11.701 persoas curadas, rexistrándose 626 falecementos. A última persoa falecida foi un home de 90 anos que estaba ingresado no CHUAC e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 290.491.