1.200 autónomos poderán recibir formación online gratuíta en comercio electrónico

1 minutes read

Será coa segunda edición do programa Autónomos Dixitais, posto en marcha pola Xunta, enfocado para que as persoas traballadoras autónomas melloren as súas competencias en comercio electrónico e saiban como aproveitar mellor as novas canles online de comunicación que existen para ofrecer aos seus clientes os seus produtos e servizos.

A iniciativa non só está dirixida aos autónomos dados de alta, senón tamén a aqueles que tiveron que pechar os seus negocios como consecuencia da pandemia co obxectivo de que teñan acceso a unha segunda oportunidade a través da dixitalización. A formación, ademais de gratuíta, é flexible e adaptable aos horarios de preferencia, impártese a través dunha aula dixital e conta con titorización persoal.

O primeiro dos cursos, Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico, centrarase en coñecer os conceptos básicos e aspectos xurídicos do e-commerce, adquirir nocións básicas sobre márketing dixital, promoción e ferramentas 2.0 en Internet e identificar canles de comercialización e distribución.