1.917 deportistas de todas as idades volverán a correr este domingo na 10k Carballo

Este domingo daranse cita en Carballo un total de 1.917 deportistas de todas as idades para participar na undécima edición da carreira popular que unha vez ao ano converte as rúas da vila nun enorme circuíto de atletismo.

Coas inscricións xa pechadas, este ano a carreira de 10 quilómetros contará con 593 participantes, aos que se sumarán os 223 que tomarán parte no Campionato de Galicia de 10K en ruta, que se disputará de xeito paralelo. A proba de 4 quilómetros, que se celebra por primeira vez, tamén tivo unha boa acollida, xa que hai 92 atletas inscritos/as. En canto ás categorías inferiores, dende sub-18 ata biberón, en total reunirán a 1.009 nenos/as e mozos/as.

Carballo Deporte conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e da práctica totalidade das entidades deportivas locais para o desenvolvemento da carreira.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha