As rúas de Vigo acolleron este sábado as marchas centrais deste primeiro de maio. Tres manifestacións, con saídas diferenciadas, na que estiveron presentes tódalas forzas sindicais. CC.OO e UXT fixérono de maneira conxunta nesta volta á rúa tras un ano de pandemia. Pola súa parte o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, fixo un chamamento a intensificar a loita obreira nas empresas e a mobilización social nas rúas para forzar “unha saída galega xusta da crise”. As marchas, todas elas, remataron na praza da estrela e na que se viviu algún momento de tensión entre traballadores do sector do metal que quixeron concentrarse no cruce de Colón para rexeitar o pre-acordo asinado polos sindicatos. As reivindicacións tamén fixeron fincapé na derrogación da reforma laboral e das pensións e na suba do salario mínimo.
35