10.000 axentes, entre policías nacionais, municipais, gardas civís, e persoal de emerxencias, despregaranse na cidade durante o cume da OTAN. Trátase do maior despregamento de seguridade da historia recente, segundo informaron fontes do Ministerio do Interior. A bautizada como Operación Eirene buscará que o cume se desenvolva «con altos niveis de tranquilidade e paz social». É tamén un nome cargado de simbolismo pola guerra de Ucraína, un conflito que marcará a axenda e que devolveu á OTAN un papel protagonista na política internacional que perdera nas últimas décadas. Acudirán ao cume máis de 5.000 participantes, concretamente 2.000 delegados, 2.000 xornalistas e preto de mil persoas da organización.
10.000 axentes protexerán o cume da OTAN en Madrid
Policía Nacional