10 medallas e 3 récords do clube en Pontevedra para os nadadores e nadadoras da A.D. Fogar

Os pasados 4, 5 e 6 de xullo dez nadadores-as da A.D. Fogar tomaron parte no Campionato Galego Júnior e Absoluto de Verán celebrados na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur en Pontevedra con 28 clubs e 358 nadadores-as en liza. Na categoría júnior os da A.D. Fogar foron 13ª femininas, 17º masculinos, e 16º conxuntos, ainda sen a posibilidade de nadar ningunha das remudas. As seis medallas júniors foron desta volta para Anxo Fuentefría de 16 anos (4), ouro nos 200 braza, e prata nos 50 e 100 braza e os 200 estilos; e tamén para Valeria Rodríguez de 16 anos (2), ouro nos 50 braza e bronce nos 50 costas. Na categoría absoluta Martín López acadaba o ouro nos 50 e 100 braza, Luis Suárez facíase co bronce nos 50 libres e Anxo Fuentefría co bronce nos 200 braza. Por equipos foron 11º masculinos, 13ª femininas e 12º conxuntos e bateron os récords absolutos do club nos 50 braza (Martín López), nos 50 libres (Luis Suárez) e na remuda feminina dos 4×200 libres que formaron Noa Ferreiro, Alba Lamas, Valeria Rodríguez e Carla Mourelle.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar