10N: A participación ás 14:00 é do 37,93%, 3,6 puntos menos que en abril

1 minutes read

Os españois votan con “total normalidade” na repetición das eleccións xerais este 10N. Os candidatos chamaron á participación tras depositar o seu voto. Pedro Sánchez, o máis madrugador, opinou que haberá unha afluencia “moi positiva”. Pablo Casado anima a votar para escoller entre “estabilidade ou cambio” e Albert Rivera pide poder acudir ás urnas “con liberdade”. Pablo Iglesias, pola súa banda tendeu a man ao PSOE e pediu “deixar atrás reproches”. Santiago Abascal espera que o resultado “sirva para afianzar a unidade de España”.

Ata as 14:00 horas a participación nestas eleccións xerais é do 37,93%, tres puntos e medio menos que o dato rexistrado á mesma hora nos comicios do pasado abril, cando foi do 41,49%, con case o 100% das mesas comunicadas. Os colexios estarán abertos ata as 20.00 horas, e ás 22.30 comparecerán os ministros en funcións Isabel Celaá e Fernando Grande- Marlaska para informar dos resultados.