100 desempregados da Laracha rematan a súa formación

  • O delegado territorial da Xunta participou na entrega de diplomas de produción industrial e de xestión loxística e de almacén.

Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde da Laracha, Jose Manuel López Varela, participou este xoves no acto de clausura do Plan Integrado de Emprego (PIE), Impulsa Emprego-A Laracha no que se formaron a 100 alumnos e que contou cun orzamento da Xunta de 250.000 euros e cun investimento total de máis de 294.000 euros.

Rodeiro destacou que “con este curso o concello facilitou aos participantes do programa, información, orientación e asesoramento para atopar un traballo, así como formación específica no ámbito das actividades industriais e auxiliares, tales como a produción industrial de fabricación e montaxe en cadea e a xestión loxística e de almacén, complementadas con outras actividades vinculadas á administración e servizos, contabilidade e fiscalidade e novas tecnoloxías”.

Ademais apuntou que “o PIE é unha iniciativa na que colaboran os concellos, as entidades e a Xunta para mellorar a formación transversal das persoas desempregadas para darlle máis opcións para atopar un emprego a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha