Estará formado por un regador, pa, anciño, substrato e sementes de froitas e verduras, no marco do programa de consumo de froitas e hortalizas nas escolas. Trátase dun programa que cofinancian a Unión Europea e a Xunta, no que participan máis de 160.000 alumnos e alumnas de 422 centros escolares aos que 52 provedores lles subministran durante varios días froitas para consumir durante os recreos.
Deste xeito, os cativos aprenderán a plantar as súas propias froitas e verduras, que logo poderán consumir a maiores da que reciben mediante este programa. En concreto, no carriño que se lles entrega irán sementes de amorodos, tomates, cenorias, ourego e leitugas.
O obxectivo xeral deste programa é potenciar o consumo de froita e castañas entre os nenos e a mocidade, creando así hábitos alimenticios saudables que poidan manter no futuro. Neste senso, optarase preferentemente pola distribución de produtos galegos, que empreguen na súa obtención sistemas de produción sustentables e respectuosos co medio ambiente. Ademais deste plan, está tamén o de consumo de leite nas escolas que persegue unha maior consumición deste produto entre o alumnado e dar a coñecer as bondades do consumo de leite.