10ª Edición en Cee do Programa Educativo Cultural ‘O Mes da Fundación’ Fernando Blanco

1 minutes read

Este sábado da inicio a 10ª Edición do Programa Educativo Cultural “O Mes da Fundación. Outubro 2023”, organizado pola Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee, e que conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.
Un programa que conta cunha sección dirixida aos centros escolares do Concello de Cee (comezará o mércores 11 coa sesión de maxia infantil Ledicias 2.0 a cargo do mago Paco e dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Primaria do CEIP Vila de Cee e do Colexio Manuela Rial), e cunha sección para o público en xeral, a cal desenvolverase no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura da vila da Xunqueira, con horario de inicio ás 20:45 horas e entrade gratuíta.
Será a recentemente galardoada co Premio nacional de Literatura Dramática Paula Carballeira Cabana a encargada de abrila programación cunha sesión de contos titulada “Mulleres que viven soas”.