A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu un total de 11 ofertas de empresas para executar as obras de reforzo do firme nas estradas AC-400, AC-406 e AC-546, cun investimento de máis de 1,5 M€.
Trátase de actuacións de mellora destas tres vías autonómicas ao seu paso polos concellos de Santa Comba, Tordoia, Coristanco, Cerceda, Mazaricos, A Baña e Negreira
Os traballos, que contan cun prazo de execución de seis meses, están encamiñados á reparación, rehabilitación e reforzo superficial do firme, adecuándoo ás súas necesidades funcionais e de durabilidade.
O reforzo do firme está encamiñado a restaurar ou mellorar as características superficiais do pavimentos naqueles treitos que presenten maior grao de deterioro.
As obras suporán unha maior seguridade e comodidade aos usuarios que circulan por estas vías, moi frecuentadas, especialmente en temporada de verán, e facilitarán a mobilidade aos habitantes dos municipios onde se realizarán as actuacións.