11 laracheses coñecen Venecia grazas a un programa de intercambio xuvenil

Concello da Laracha

  • Outros sete forman parte doutra iniciativa similar que se desenvolve en Berlín.

Once mozos laracheses de entre 18 e 30 anos de idade xa están desfrutando da súa participación no programa de intercambio xuvenil que se desenvolve en Venecia do 2 ao 9 de xullo e do que forma parte o Concello da Laracha ao ser convidado pola entidade organizadora, o Polo Tecnico Professionale desa localidade italiana. O grupo larachés conta tamén con tres monitoras, sendo unha deles a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López.

Nos primeiros días da estancia puideron coñecer os puntos máis destacados da propia cidade de Venecia, así como as illas de Murano e Burano. Nas próximas xornadas visitarán outras localidades próximas e realizarán actividades de tipo cultural.

Cabe lembrar que, paralelamente, o Concello tamén está a participar noutro programa de similares características que se leva a cabo en Berlín, neste caso entre os días 27 de xuño e 6 de xullo e coa presenza doutros sete mozos laracheses.

A participación do Concello nestas dúas iniciativas é un dos resultados das relacións establecidas entre A Laracha e outros municipios e entidades de diversos países do continente no marco dos programas de irmandamento desenvolvidos a través de Europe for Citizens, financiados pola Unión Europea.