Este xoves 11 de febreiro, como cada ano, toda Europa celebra a xornada do teléfono de emerxencias. Cabe agradecer e manifestar a necesidade de seguir concienciando á cidadanía da importancia que ten facer un uso responsable do número único de emerxencias 1-1-2.
Baixo o lema “todos somos 112”, a Xunta fai un chamamento á colaboración da cidadanía. Manter a calma e contestar con claridade e concisión ás preguntas que nos realizan, é vital para activar con maior celeridade aos servizos de emerxencia. Neste senso, cómpre resaltar que as persoas usuarias do servizo son a primeira peza da cadea de atención telefónica de emerxencias.
En Galicia, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 atende e xestiona as chamadas de emerxencia da Comunidade Autónoma e coordina os medios e recursos que interveñen na resolución das mesmas. Por elo, son moitos os profesionais que, día a día, traballan para garantir a funcionalidade do servizo. Así, a constante adaptación e actualización das guías e procedementos, permite reducir o tempo de resposta na resolución das emerxencias.
Cómpre lembrar que o 1-1-2 foi lanzado no ano 1991 co obxectivo de proporcionar un número de emerxencia común, gratuíto e dispoñible as 24 horas dos 365 días do ano en todo o territorio da Unión Europea.
