12, 13 e 14 deste mes “Creactivity” en Carballo

Trátase dun proxecto itinerante da Obra Social La Caixa que ten por obxecto fomentar o deseño e o desenvolvemento de solucións orixinais para problemas sinxelos. Os obradoiros desenvólvense no interior dun autobús adaptado e equipado con bancos, mesas de traballo e diversas probas dispostas para os/as participantes.

“Creactivity” é un espazo deseñado para espertar o enxeño, a destreza e a creatividade da poboación escolar de 6 a 16 anos, é dicir, de primaria e secundaria. Un facilitador guía aos nenos e nenas a través dun proceso de creación ao que tamén están convidadas as persoas adultas que os/as acompañen. As sesións teñen unha duración estimada de 90 minutos. Os obradoiros desenvolveranse de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, e o teléfono de información para as familias interesadas é o 900 101 493.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha