A Deputación da Coruña aposta pola profesionalización do turismo para contribuír a saír da crise provocada pola Covid19, polo que financia con case 800.000 € a contratación de persoal técnico en 59 concellos de menos de 50.000 habitantes, 12 deles na Costa da Morte. Dotar de persoal ás oficinas de turismo municipal, profesionalizar o sector e afrontar os retos de futuro nun momento de crise son os obxectivos da liña da área de Turismo da Deputación da Coruña pola cal se financia a contratación deste persoal técnico. O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, defende que esta liña responde «á aposta por un sector vital que está nunha situación de emerxencia e precisa planificar o seu futuro».
Os concellos da Costa da Morte que recibirán axuda son os seguintes:
CONCELLO CONCEDIDO en euros.
CONCELLO DA LARACHA 13.000,00
CONCELLO DE CAMARIÑAS 18.865,05
CONCELLO DE CARBALLO 19.717,02
CONCELLO DE CEE 11.805,87
CONCELLO DE CORCUBION 12.414,42
CONCELLO DE DUMBRIA 13.022,97
CONCELLO DE FISTERRA 18.134,79
CONCELLO DE MALPICA 16.065,72
CONCELLO DE MUXIA 15.700,59
CONCELLO DE PONTECESO 18.013,08
CONCELLO DE VIMIANZO 15.335,46
CONCELLO DE ZAS 14.848,62