12 mozas e mozos participan na Laracha na posta en valor do castro de Montesclaros

1 minutes read

Os asistentes teñen entre 18 e 30 anos e a súa estadía comezou o pasado 1 de agosto e rematará o 12 deste mesmo mes. Durante este tempo, os voluntarios realizan tarefas de delimitación e limpeza da zona perimetrada e están levando a cabo o acondicionamento do camiño de acceso e a sinalización. Este campamento ofrece a oportunidade de descubrir diferentes tipos de culturas, costumes e modos de vida, xa que coñecen a cultura castrexa e a forma de vida celtíbera destacando o seu compoñente social.

Ademais, os participantes están realizando actividades complementarias de aventura, talleres medio ambientais e de debuxo arqueolóxico, xogos deportivos, rutas de sendeirismo e visitas culturais aos concellos da contorna.

Durante a visita, na que estivo parte do Goberno municipal, recibiu a estancia de Ovidio Rodeiro, delegado da Xunta, quen recalcou que na provincia da Coruña a Consellería de Política Social organiza oito campos de voluntariado dos cales dous teñen lugar na comarca de Bergantiños-Costa da Morte o da Laracha e o de Ponteceso, centrado na investigación dos elementos etnográficos da vila do Couto en Ponteceso, a colección de patrimonio oral e a sinalización do elementos etnográficos. Ademais, os participantes colaboran na organización da XII Festa Galega en colaboración co Concello de Malpica.