120 participantes na II Olimpíada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos

1 minutes read

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou na entrega dos premios da fase local da II Olimpíada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, na que tomaron parte máis de 120 rapazas e rapaces de 2º de ESO de centros educativos de toda Galicia e que se celebrou na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade de Santiago de Compostela. No primeiro e segundo posto quedaron equipos procedentes do Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús (Pontevedra), mentres que no terceiro posto quedou un equipo do IES Terra de Trasancos (Narón). Os primeiros clasificados representarán a Galicia na final nacional desta competición.

Durante a súa intervención a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia felicitou os participantes por tomar parte nesta competición, na que “acabades de probar a vosa mentalidade científica, ordenada e crítica, clave non só neste concurso, senón para desenvolvervos como cidadáns nunha sociedade máis xusta, participativa e libre”. “Por iso apoiamos desde a Consellería este tipo de certames, porque nos permiten descubrir vocacións científicas e, a medio prazo, potencialas para seguir medrando como sociedade do coñecemento.”

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?