21
- O espectáculo, organizado pola Concellaría de Servizos Sociais, dará comezo ás 21:00 horas e será de balde e aberto á participación de toda a veciñanza
O Edificio das Escolas Municipais de Ponteceso acollerá o próximo venres 12 un novo espectáculo teatral, organizado pola Concellaría de Servizos Sociais, dentro do programa de actividades de ocio e tempo libre dirixido á veciñanza do municipio. A partir das 21:00 horas, As avoas de Laxe Teatro subirán ao escenario para buscar as risas do público a través da obra “Facede o favor…pensade”, un espectáculo interxeracional e moi familiar no que o humor compartirá protagonismo coa reflexión e a aprendizaxe.
Dende o departamento de Servizos Sociais animan á xente a que acuda a esta función, que ademais será de balde e aberta ao público ata completar o aforo dispoñible na sala.