13 concellos da comarca da Coruña incrementan as horas de SAF

PIXABAY

O incremento das horas asignadas para o financiamento do Servizo de Axuda do Fogar (SAF), dirixido a persoas en situación de dependencia recoñecida, en máis dun millón de horas anuais está permitindo atender a todas as persoas que se atopan á espera da asignación efectiva do recurso. Respecto á comarca da Coruña, o plan de reforzo traduciuse nun incremento de máis de 390.000 horas anuais para os concellos da Coruña, Aranga, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Curtis, Mesía, Miño, Oleiros, Sada Sobrado e Vilasantar. O incremento permitiu a estes municipios pasar das 2.202.276 horas de que dispoñían ata o momento ás 2.593.452 horas coas que contan na actualidade. En total, estes 13 concellos atenden a 1.348 persoas e contarán con marxe para incrementar o servizo en 2021 se fose necesario.

CONCELLOHORAS ANUAIS ANTES DO INCREMENTOINCREMENTO DE HORAS ANUAISHORAS ANUAIS ACTUAISNº USUARIOS
A Coruña1.813.236342.9842.156.220503
Aranga21.60058822.18858
Arteixo53.8208453.904138
Betanzos41.11214441.25695
Cambre46.38012.18058.56082
Carral17.8689617.96434
Curtis26.7241.87228.59669
Mesía13.29618013.47632
Miño28.7047.70436.40859
Oleiros42.6965.28047.97676
Sada46.46414.55661.02089
Sobrado31.2963.86435.16060
Vilasantar19.0801.64420.72453
TOTAL2.202.276391.1762.593.4521.348

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha