13 mil persoas únense aos directos por streaming de Novahit

1 minutes read

A emisora con sede en Carballo puxo en marcha hai unha semana un sistema pioneiro de emisión en streaming de alta calidade, fiable e sen cortes. Trátase dunha tecnoloxía punto multipunto utilizada en probas, e que logrou captar a friorenta de 13.080 conexións neste curto período de tempo. Con iso pretenden facer un achegamento interactivo visual entre a audiencia e os/as locutores/as, ademais de poñer a proba o sistema tecnolóxico que nun futuro pode substituír ás conexións de relativa calidade utilizadas en radio e televisión por outros sistemas como Facebook, Skype, etc. Aproveitando a alta capacidade dos servidores postos a proba lográronse conexións fiables en audio e vídeo en tempo real con diferentes puntos de España, así estes días de confinamento varios Radio-Djs de renome internacional colaboraron con sesións de música desde o seu domicilio coma se estubesen na propia emisora. As emisións poden seguirse gratuitamente en www.novahit.es

Conexión en directo co DJ-Locutor Jonatan López, residente en Mota del Cuervo – Castela A Mancha.