13 millóns de chineses confinados tras un importante rebrote de coronavirus

1 minutes read

A cidade de Xian, onde nos últimos días confirmábanse centos de novos positivos, volve de novo aos tempos do inicio da pandemia co confinamento de todos os seus cidadáns, a excepción do persoal sanitario ou a non ser que se teña unha razón imperativa. A medida tómase a escasas semanas da celebración dos Xogos Olímpicos de Inverno neste país. As autoridades traballan xa na posta en marcha de estritas medidas de control sanitario nas diferentes sedes dos Xogos. En Zhangjiakou as probas aos atletas serán case constantes. Tanto os atletas como todos os membros do persoal da sede deberán ademais evitar os contactos entre si para reducir o risco de propagación do virus, ata o punto que cada un destes dous grupos terá marcados os seus camiños para seguir dentro da sede para non cruzarse entre eles. Máis alto, máis forte e máis protexido.