Avanzan as obras de mellora da estrada A Balsa-A Areosa

  • O proxecto está valorado en máis de 130.000 euros.

A estrada que comunica os núcleos de A Areosa e A Balsa, na parroquia de Vilaño, está a ser obxecto dun proxecto valorado en máis de 130.000 euros e que suporá unha mellora substancial das comunicacións tamén cara o límite co municipio de Carballo na zona de A Piña, Berdillo e Sofán.

A plataforma da calzada está sendo aumentada nun tramo superior aos trescentos metros de lonxitude para alcanzar unha amplitude de oito metros, tres máis que os que contaba inicialmente.

Polas características desta vía, para poder aumentar a súa plataforma é preciso construír muros de escollera e instalar elementos de seguridade como biondas. Ademais, o proxecto contempla a mellora da rede de recollida de augas pluviais e a sinalización.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha