40
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, interveu no Parlamento de Galicia, onde subliñou que se pechou o exercicio pasado coa cifra máis alta de bonificacións desde a posta en marcha desta iniciativa social, sumando máis de 6,3 M€. O ano pasado tamén se acadou unha cifra récord de viaxes con este dispositivo, 616.159 só no mes de novembro. Grazas á tarxeta Xente Nova o número de viaxes no autobús interurbano medrou un 62% con respecto ao ano 2021, algo que supuxo un aforro económico que están a experimentar os usuarios da tarxeta e as súas familias, que poden roldar os 2.000 euros ao ano.