14.000 empresas galegas acóllense a un ERTE

14.000 empresas de toda Galicia mandan temporalmente ao paro 71.000 traballadores. É o caso de PSA Citroën: os seus 7.400 empregados van para casa co 80% do soldo, un 10% máis que ao que teñen dereito: o sindicato maioritario, o SIT, está conforme, pero non a CIG nin a CUT.

Outro dos maiores ERTE da comunidade é o que presenta a madeireira FINSA. Afectará 1.600 empregados das súas catro plantas: Santiago, Rábade, Padrón e San Cibrao das Viñas. Durará ata o 30 de abril. Os traballadores cobrarán o 90% do soldo este mes e o 85% o que vén. Tamén presentou un expediente temporal de regulación de emprego a cadea de tendas deportivas Decathlon, con 11 tendas en Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha