14 F Cataluña | Salvador Illa: «Presentareime á investidura»

1 minutes read

O candidato do PSC ás eleccións de Cataluña, Salvador Illa, realizou unha primeira valoración dos resultados das eleccións catalás deste domingo, nas que a súa formación logrou ser a lista máis votada, cos mesmos escanos (33) que ERC.

«A clara vitoria en votos da nosa candidatura significa pasar e abrir unha nova páxina. Cambiar para reencontrarnos. Presentareime á investidura. O cambio chegou a Cataluña para quedar. A vitoria deste domingo é o primeiro gran paso adiante», indicou Salvador Illa.

O de hoxe e un gran paso, pero é só o primeiro paso. O cambio é imparable. Tardaremos máis ou menos tempo, pero é imparable. Hai un sentimento amplo de reencontro, dos cataláns connosco mesmos, dos cataláns co resto de españois, si Cataluña dixo que quere a España, si España quere a Cataluña, e dos cataláns co resto de Europa. Non hai outra solución que o reencontro, isto é o que dixeron as urnas», sentenciou Salvador Illa.