140 nenos e nenas de Carballo participarán o próximo curso no programa Concilia 

Programa Concilia é unha medida promovida desde a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. 

Todas as solicitudes presentadas para participar durante o curso 2023-24 neste programa están admitidas. Son un total de 140: 65 para o colexio Bergantiños, 64 para o Fogar e 11 para o Gándara-Sofán, segundo a listaxe provisional. A definitiva farase pública o 21 de agosto. A cifra de usuarios/as incrementarase cos nenos e nenas que utilizan o servizo en días soltos. Neste caso, a solicitude está aberta durante todo o curso. 

No CEIP Nétoma-Razo non se acadou o número mínimo de matrículas para poñer o servizo en marcha, xa que só houbo catro. Desde a Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade ofrécese a posibilidade de implantar o servizo en todos os centros públicos de infantil e primaria sempre que exista un mínimo de 10 solicitudes para o curso completo.   

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha