141 areais galegos son praias sen fume


A rede galega de praias sen fume comezou a coller forma en 2016. Tres anos despois, esa forma esténdese a 64 concellos das catro provincias.  En Galicia hai 141 praias, 29 delas fluviais, libres de tabaco. Os areais da rede están sinalizados con carteis e bandeiras. Non son prohibicións. Son só un convite a non fumar nestes espazos compartidos e a respectar o medio natural. O filtro dos cigarros tarda ata dez anos en desintegrarse. Queda moito por facer, dado que preto do vinte por cento da poboación galega é fumadora.