14 F | Cataluña vota en máis do 99% das mesas

  • O voto por correo incrementouse un 277 por cento respecto ás eleccións de 2017.

Máis de cinco millóns e medio de cataláns están chamados a votar este domingo nuns comicios incertos, onde todo está moi aberto e marcado pola pandemia. Reforzouse o dispositivo policial con máis de 14 mil axentes despregados pola comunidade, con medidas de seguridade para contrarrestar o medo aos contaxios. O conselleiro de Acción Exterior da Generalitat Bernat Solé anunciaba nos datos recollidos ata as 10 da mañá deste domingo que máis do 99 por cento das mesas electorais abriron sen incidencias. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha