26
- Esta semana celebrouse a primeira das tres xornadas das que consta a acción formativa
Este venres celebrouse na Laracha a primeira das tres xornadas do curso formativo sobre a planificación e o deseño das plantacións de castiñeiro de froito, á que asistiron quince persoas. Foi impartida por persoal técnico do Centro Agroforestal de Riós en colaboración coa Consellería do Medio Rural e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).
Esta iniciativa está destinada a tres colectivos principais: produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria e desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario.