150 axentes antidisturbios galegos partirán cara Barcelona

Policía Nacional

O obxectivo é evitar que se repitan os disturbios, e que tanto a xornada de reflexión como as votacións transcorran con normalidade. Calcúlase que Interior traslada a Cataluña 2.000 gardas civís e 2.500 policías nacionais. Parte deses reforzos procede de Galicia.

Miguel Ángel González, secretario xeral da Unión Federal de Policía Galicia: «Esperemos que o ministro do Interior e o Goberno tomen en serio a situación dos policías».

Reivindicación da Unión Federal de Policía. Reclaman que os axentes dispoñan de material de protección adecuado, e que se contemplen remudas no traballo para evitar xornadas de ata 20 horas.

Miguel Ángel González, secretario xeral da Unión Federal de Policía Galicia: «E teñen que ter previsto unha situación que se se desborda, polo menos ter material. E se hai material, como o camión cisterna hai que empregalo, non hai que telo para amosar nos desfiles».

Denuncian que hai que pedir demasiadas autorizacións para que a policía poida utilizar o material que ten.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha