150 establecementos participan na campaña «Carballo en negro contra as violencias»

  • A Concellaría de Igualdade de Carballo, que dirixe Maica Ures, continúa recibindo solicitudes de participación, polo que seguirá atendéndoas ata esgotar o material dispoñible.

A campaña “Carballo en negro contra as violencias” arrincou este luns e prolongarase ata o día 26. Pero arredor do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e Nenas, a Concellaría de Igualdade e Benestar e o Centro de Información á Muller (CIM) de Carballo teñen deseñado un programa de actividades máis amplo co lema “Para a cadea! Move ficha contra a violencia machista”, que persegue a mobilización e a participación social.
Este xoves ás 12 horas será inaugurada no Pazo da Cultura a mostra Xeitos de ver: construíndo masculinidades positivas, unha iniciativa da Fundación Érguete-Integración en colaboración co Concello de Carballo. A exposición poderá verse ata o 10 de decembro.

Na Biblioteca Rego da Balsa xa está aberta outra exposición fotográfica, Mindjer di Guiné: Miradas desde Guinea-Bissau, da Asemblea de Cooperación pola Paz, que retrata a vida nunha localidade guineana a través das súas habitantes femininas.
Este xoves tamén está programada unha representación teatral para o alumnado de 4º da ESO titulada “Golpes”.
E, ademais, xa podes anotarte para o 1º Maratón fotográfico Enfócate contra a violencia de xénero, aberto á participación de toda a sociedade, que se celebrará o 1 de decembro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha