- A cifra e case un 70% máis que no mesmo mes do ano pasado.
A estas alturas do ano levanse contabilizados un total de 503, e aínda que no inverno descende a actividade desta especie invasora, a experiencia dos anos anteriores indica que o mes de outubro é o de máis traballo de todo o ano para o servizo de loita contra a avespa asiática.
Ningunha parroquia se libra da invasión, aínda que no mes de setembro as máis afectadas foron Sofán, con 23 niños, e Bértoa e Rus, con 21 cada unha. As persoas que localicen un niño poden chamar ao 012 ou ao 112, desde onde darán aviso ao servizo municipal de control de pragas. E moi recomendable extremar as precaucións durante a realización de traballos nos sectores forestal e/ou agrario para evitar picaduras, xa que o mes pasado hai constancia de que 5 persoas resultaron picadas. Por iso:
- Antes de empezar a traballar, realiza un recoñecemento da parcela para comprobar que non existen niños. É frecuente que aparezan entre as silveiras.
- Se atopas un niño de velutina non te achegues nin lle toques, porque se sentirán atacadas. Chama ao 012 ou ao 112 para que acudamos a retiralo.
- No caso dun ataque fuxe o máis rápido posible e intenta refuxiarte nalgún lugar pechado coma o coche, protexe a cara e a parte de atrás do pescozo (teñen tendencia a picar nesa parte do corpo) e non fagas movementos bruscos. Se a atacada é outra persoa non te achegues, chama rapidamente ao 112. E se es alérxico procura levar sempre contigo a medicación precisa.