150 persoas participan nos obradoiros de memoria que se celebran en Carballo

1 minutes read

Os cursos de memoria teñen un peso moi importante dentro da oferta anual de actividades destinadas ás persoas maiores de 60 anos, que na capital de Bergantiños son máis de 11.000. Ademais de en Carballo esta actividade, impartida por persoal técnico da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños, lévase a cabo nas parroquias de Lema, Noicela, Razo, Sofán, Verdillo, Sísamo, Ardaña e Cances. En total participan 150 persoas.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañado polo presidente de Afaber, Jesús Villar, achegouse ata o Pazo da Cultura para intercambiar impresións coas participantes no curso de memoria organizado polas concellarías de Benestar e Terceira Idade. A actividade, que se desenvolverá ata o mes de maio, forma parte do programa de envellecemento activo do Concello de Carballo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?