Tal e como expuxo Abel Caballero en rolda de prensa, entre o 2 de decembro e o 2 de febreiro, presentáronse un total de 16.647 solicitudes no Rexistro municipal. Destas, 9.613 foron inscritas de xeito telemático e 7.034 de maneira presencial. O Concello destina 5,2 millóns a estas axudas ás familias para a compra dos libros cunha contía fixada de 205 euros por cada fillo.
O rexedor explicou que de todas as solicitudes presentadas polas familias, haberá un “número importante” que será para máis dun neno, xa que cada familia tiña que realizar unha única petición aínda que tivera máis dun fillo escolarizado na etapa obrigatoria.
Caballero felicitou “ás traballadores e traballadores municipais polo traballo excepcional” realizado neste procedemento que agora, unha vez pechado o prazo de solicitude, contía coa revisión da documentación e, posteriormente, co pago das axudas “o antes posible”.
Amais, explicou que o Concello establecerá contacto con familias empadroadas en Vigo con nenas e nenos que, por razóns diversas, cursan os seus estudos fóra da cidade