16 concertos ao solpor nunha nova edición de ‘Atardecer no Gaiás’

A Xunta programa para este verán a décimo segunda edición de Atardecer no Gaiás, que desta volta conta cun total de 16 concertos ao aire libre os xoves e venres, desde o 7 de xullo ao 26 de agosto.

Dentro da programación deste ciclo, que é xa todo un clásico para a época de estío, o público poderá gozar de música con diversos estilos e procedente de distintas xeografías. Así, a oferta abrangue desde o pop á canción de autor e o flamenco, a electrónica, o folk experimental e ritmos urbanos que mesturan xéneros como a electrocumbia, trap ou hip hop.

A Cidade da Cultura volve ser un verán máis o mellor escaparate das tendencias musicais actuais, tanto de Galicia, na súa meirande parte, como do resto do territorio español e portugués. Comezará coas actuacións de Los Jinetes del Trópico e Sila Lúa, ambos galegos, e continuará con propostas como a do andaluz Alfredo Tejada, a extremeña Ruiseñora ou a madrileña Lusillón.

Atardecer no Gaiás celebrarase na Praza Central da Cidade da Cultura ás 21,00 horas coinicindo co solpor. Os concertos recuperan o seu formato orixinal, tras os anos de pandemia, e serán de acceso libre e de balde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha