16 Triatletas da ADFogar acoden á Toma de Tempos Autonómica do P.N.T.D.

Este sábado, 16 triatletas da AD.Fogar e os Concellos de Carballo e Oleiros, representarán á entidade en Lugo na Toma de Tempos Autonómica do Programa Nacional de Técnificación Deportiva de Tríatlon. Para a cita os adestradores do clube veñen de convocar a seis triatletas da categoría cadete (3 rapazas e 3 rapaces), outr@s seis da xuvenil (2 mozas e 4 mozos) e catro da júnior (mozos todos) que en xornadas de mañá e tarde testarán nas instalacións municipais de As Pedreiras da Zona Universitaria os 100 e 400 metros libres de natación e os 200 e 1.000 metros de carreira a pé. Pola mañá disputaranse os controis de natación en piscina cuberta e pola tarde as probas de carreira a pé en pista descuberta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha