160 peregrinos pontevedreses iniciaron Camiño en Dumbría

1 minutes read

O alcalde de Dumbría, Raúl González, recibía este sábado en Olveiroa a un grupo de 160 peregrinos/as procedentes de Vilanova de Arousa. Este grupo organizado polo concello pontevedrés está a facer o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía por etapas. Comezaban este sábado a súa andaina no lugar de Olveiroa con destino a Cee, clásico fin e inicio de etapa neste Camiño. O alcalde dumbriés explicoulles o desenvolvemento do lugar de Olveiroa e a influencia que o Camiño tivo no mesmo, que xunto coa iniciativa local de promover a apertura do albergue municipal a principios deste milenio, así coma a promoción de diversos obradoiros de emprego, foron os grandes motores para que hoxe en día esta aldea sexa un referente de recuperación e posta en valor do rural. Despois dun café para entrar en calor pola chuvia, o alcalde despedíaos cando arrancaban a camiñada, adentrándose con ganas e ilusión nesa etapa que os conduciría ao longo do Territorio Vákner.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?