Día das Letras Galegas | «Grazas Mestra»

1 minutes read

O mundo da Cultura e da Política elixiu o IES Castelao de Vigo, no barrio do Calvario, para celebrar o acto institucional deste Día das Letras Galegas 2021. O mesmo lugar no que estudou a homenaxeada Xela Arias. Homenaxe que se converteu tamén nun recoñecemento ao papel dos profesores de instituto.

Nel participaron Mónica Sotodocente e amiga de Xela Arias, Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, Darío, o fillo que Xela Arias que estivo co fotógrafo Xulio Gil, ademais do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que desexou ao único fillo de Xela que pronto se convirta en profesor de secundaria. Feijóo dixo que este ano o Día das Letras coincide no tempo cos 40 anos da autonomía e por iso destacou os logros que trouxo consigo o autogoberno, que «permite que nos recoñezamos como un pobo forte, unido, capaz de grandes retos» e co idioma como o «gran catalizador». 

De Xela, Feijóo subliñou que primeiro foi alumna e despois mestra e que ela sempre loitou contra o tópico ata dobregalo, innovando, inventando moldes e fuxindo do convencionalismo. O idioma do que Xela xamais se apeou «une aos galegos e non nos separa de ninguén».