17 denuncias nunha inspección anti-covid nun Pub de Carral

Un coche de la Guardia Civil

A Garda Civil do Posto de Carral, en colaboración coa Garda Civil do Posto principal de Arteixo, do Posto de Betanzos, a Patrulla Fiscal da Coruña e a área de investigación do Posto Principal de Cambre, interpuxo 17 denuncias no transcurso dunha inspección para o cumprimento da normativa sanitaria da Covid 19 nun establecemento da localidade de Carral. O

s feitos sucederon ao ter coñecemento os efectivos desta Unidade da existencia dunha serie de vídeos nas redes sociais, mostrando o incumprimento reiterado da normativa vixente en materia sanitaria da Covid 19, coa repercusión que conlevaba. A Garda Civil organizou un dispositivo de inspección, con efectivos das unidades mencionadas, para constatar a posible comisión das diversas infraccións administrativas reflectidas nos vídeos.

No transcurso da inspección do pub os efectivos actuantes comprobaron a existencia das mesmas, confeccionando un total de 17 actas de denuncia por presuntas infraccións ás seguintes leis: Lei de Seguridade Cidadá, Lei de Turismo de Galicia, Lei de Saúde de Galicia, Lei do Tabaco e a Hostalería, Lei de Protección Xeral das Persoas Consumidoras e Usuarias de Galicia, Lei de Prevención do Consumo de Bebidas Alcohólicas en Menores de Idade, Estatuto dos traballadores e Normativa Sanitaria Covid 19.