Un total de 17 restaurantes e cafeterías de Sanxenxo vanse beneficiar das axudas da Xunta para o acondicionamento de espazos exteriores e para os servizos de vendas a domicilio ou para levar, cunha axuda de case 197.000 euros. Así llo trasladou o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, ao alcalde do municipio, Telmo Martín, nunha reunión que ambos mantiveron.
Esta orde de apoios contribúe a que o sector da hostalería poida desenvolver a súa actividade coa máxima seguridade, no marco das medidas de protección da saúde ante a covid-19. De feito, a Xunta vén de de reforzar de 3 a 11 millóns de euros o orzamento destinado a este programa para dar resposta á enorme demanda e interese que espertou no sector, un dos máis afectados no actual contexto económico. No conxunto da provincia de Pontevedra, son 318 os locais que xa sen van poder acoller a esta orde de axudas, cun investimento mobilizado de 2,9 millóns de euros.