1,7 millóns de euros para rematar as obras da estrada provincial de Hospital a Brens, en Dumbría

Os traballos de mellora desta estrada foran iniciados xa en 2021, cun orzamento de 826.753 euros, pero as continuas demoras na execución das obras e o seu posterior abandono por parte da empresa adxudicataria provocou a resolución do contrato tras un longo proceso administrativo e xudicial.

O proxecto que agora se aproba na Deputación da Coruña dará continuidade ás actuacións previstas no proxecto orixinal, reparará os danos ocasionados polo tempo transcorrido e incluirá melloras adicionais para incrementar a seguridade e funcionalidade do vial. Entre elas, destacan a instalación de novas barreiras de protección e a execución de obras complementarias para mellorar o sistema de drenaxe.

Related posts

O presidente da Xunta participou no Interreg Cooperation Day 2025, celebrado este venres no Miradoiro de Fisterra

Carballo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

A Xunta avalía os dous últimos proxectos desenvolvidos polo GALP Costa da Morte