42
As autoridades de Bangladesh elevaron este sábado a 17 aos mortos nun incendio provocado pola explosión de varios aparellos de aire acondicionado nunha mesquita, que deixou tamén unha trintena de feridos, boa parte en estado crítico. «Seis aparellos de aire acondicionado explotaron cando os crentes se dispoñían a recitar as súas oracións. Había entre 40 e 45 persoas na mesquita nese momento, enviamos a 37 feridos ao hospital», dixo a Efe Aslam Hossain, o xefe de Policía da cidade de Fatullah, a unha vintena de quilómetros da capital e onde tivo lugar o incidente.