- O obxectivo é fomentar condutas responsables para a propia integridade das persoas e de respecto ás contornas públicas
A Garda Civil puxo en marcha unha campaña coa que pretende fomentar condutas responsables entre os cidadáns para gozar dun nadal seguro.
Baixo o lema “175 festas de nadal ao teu lado”, a campaña vai estar centrada en dous obxectivos: por unha banda, a seguridade para a propia integridade das persoas, e por outra, o respecto ao medio ambiente e ás contornas públicas nas zonas de lecer e turismo.
Para iso, gardas civís de diferentes partes de España graváronse en breves vídeos para a súa difusión en redes sociais co hashtag #175NavidadesATuLado. Nestes clips, facilítanse consellos para previr accidentes na estrada e a montaña, protexer o medio ambiente e evitar roubos en domicilios ou na rúa, entre outros. Os protagonistas dos mesmos son axentes de especialidades como Seguridade Cidadá, Servizo Cinológico, Montaña, SEPRONA ou Tráfico.
Ademais, a Garda Civil puxo ao dispor de comerciantes e veciños un tríptico descargable na páxina web do Corpo.