176 persoas perderon a vida ao estrelarse un avión ao despegar en Teherán


  • Irán non quere entregar as caixas negras do aparello sinistrado a Estados Unidos

Todos os ocupantes dun Boeing 737-800 de Ukraine International Airlines, 167 pasaxeiros e nove tripulantes, faleceron nun accidente despois de despegar do aeroporto Internacional Imán Jomeini, a 30 kilometros de Teherán.

Os servizos de emerxencia da media lúa vermella e a axencia de noticias Irna confirmaron que polas circunstancias do accidente é practicamente imposible falar de sobreviventes entre os restos do avión que caeron en Parand, unha pequena poboación ao suroeste da capital de Irán.

As informacións sobre a causa do sinistro, que nun primeiro momento apuntaban como orixe a un fallo técnico, variaron. A embaixada de Ucraína en Irán anunciou que o suceso se producíuse por un problema do aparello, vinculado co incendio dun dos seus motores. Máis tarde, a mesma embaixada anunciou que as causas se descoñecen, e engadiu que hai que esperar ás conclusións da investigación que se emprenda para aclarar o sinistro.

A autoridade iraniana de aviación civil anunciou que non entregará aos Estados Unidos as dúas caixas negras. Segundo as regras da Organización Internacional da Aviación Civil, da que Irán forma parte, así como Estados Unidos e Ucraína, as investigacións sobre os accidentes aéreos realízanse no país onde tiveron lugar.