18 millóns de persoas en corentena para frear o coronavirus


China pecha outras dúas cidades preto de Wuhan para conter o coronavirus mentres os aeroportos europeos intensificaron os controis das persoas que chegan de China.

18 millóns de persoas están en corentena despois de que a cidade chinesa de Huanggang, próxima ao epicentro do brote de pneumonía vírica, e o municipio de Ezhou, anunciasen a suspensión de todo o transporte para evitar que se propague o virus, como tamén se pechou Wuhan. Varias aerolíneas do Sueste Asiático tamén cancelaron os seus voos a Wuhan mentres China asegura que informará da situación.

«Cunha actitude aberta, transparente e altamente responsable cara á seguridade sanitaria mundial, China continuará informando da situación á OMS (Organización Mundial da Saúde) e aos países e rexións relevantes, incluíndo Hong Kong, Macao e Taiwan, de maneira oportuna e mantendo unha estreita comunicación con eles», dixo Geng Shuang, portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores.

Faleceron polo momento 17 persoas polo coronavirus, todas na provincia de Hubei. O número de infectados en toda China ascende a 631.