O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou a empresa carballesa Alea Asesores, unha das beneficiarias da orden de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Galicia Emprega e concretamente da liña Emprega Muller que se acaba de resolver.
O representante do Goberno autonómico destacou que o Galicia Emprega, ten como obxectivo apoiar a formación e contratación de persoas pertencentes aos colectivos con mais dificultade para obter un posto de traballo, como son mulleres desempregadas, parados de longa duración, mozos e persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión.
Concretamente, no Galicia Emprega Muller na comarca de Bergantiños-Costa da Morte grazas a estas axudas levaranse a cabo 18 contratacións nos concellos de A Laracha, Carballo, Cee, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas. Este programa contará con máis de 127.000 euros para apoiar na comarca estas contratacións. No caso da provincia o número de contratos a mulleres que se apoiarán con este plan é de 128 cunha achega global de case 1 millón de euros. As axudas mínimas para os contratos indefinidos son de 12.000 euros.
Tamén se ofrecen incentivos á contratación ás empresas que impulsan a contratación indefinida ou inicial cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa.