Corredores galegos, asturianos e castelán leoneses das categorías principiantes, alevíns, infantís e cadetes, tanto feminina coma masculina, acudiron este sábado á proba organizada polo Club Ciclista Carballo coa colaboración do Concello de Carballo e a Federación Galega de Ciclismo.
Con saída na rúa Gran Vía (zona Praza do Concello) e meta na Martín Herrera, os deportistas cadetes diron tres voltas por un circuíto en estrada que os levou polos concellos de Carballo e Coristanco. En total, 48 quilómetros.
Mais tarde, a partir das 18.30 horas, foron as quendas de, alevíns, infantís e principantes, que competiron por un circuíto urbano de 1 quilómetro. Os alevíns diron 5 voltas; os infantís, 14, e os principiantes tamén diron unha volta despois de participar nunha xincana na Praza do Concello.
CLASIFICACIÓN:
Infantíl Masculino: 516 Miguel Prado.
Infantíl Feminino: 661 María Figueiras.
Princ. Masculino: 1207 Roi Álvarez.
Princ. Feminino: 1407 Tania Rodríguez.
Cad. Masculino: 830 Martín Rey.
Cad. Feminino: 706 Carla Montoiro.
Alevín Masculino: 245 Hugo Souto.
Alevín Feminino: 432 Lorena Patiño.
Promesa Masculino: 1139 Mateo Gonzálñez.
Promesa Feminino: 2004 Saray Piñeiro.