Así o salientou o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, na visita que realizou ao centro de conservación da rede de estradas autonómicas situado nas Pontes de García Rodríguez. Está previsto destinar preto de 18,5 millóns de euros a garantir a conservación ordinaria e a vialidade invernal de 892 quilómetros de estradas das comarcas da Coruña, de Ferrol, de Santiago e de Bergantiños-Costa da Morte nos vindeiros catro anos. O programa de conservación ordinaria permite unha vixilancia e control das estradas autonómicas para detectar anomalías e corrixilas o antes posible e tamén inclúe os traballos de roza periódicos para o control da vexetación e garantir unha boa visibilidade, así como as melloras de firme ou reparacións de pontes, obras de paso ou noiros de menor entidade.
23