A comisión promotora de Sumar Galicia acordou este mércores un acordo previo para unha coalición electoral con Podemos e Esquerda Unida de cara ás elecccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro. Agora serán as direccións tamén de Podemos e Esquerda Unida as que deban ratificar o acordo anunciado desde Sumar. A líder de Sumar Galicia, Yolanda Díaz, desprazouse a Santiago de Compostela para arroupar a Lois como candidata da coalición e puxo en valor o seu perfil e a confianza que ten nela, motivo polo que tamén a elixiu para ser a voceira do grupo no Congreso.