19 M€ máis da Deputación aos concellos para a loita contra a pandemia

Foto.- Cedida.

A Deputación da Coruña aprobou este xoves por unanimidade, en pleno telemático, destinar 19 millóns de euros para apoiar aos concellos coruñeses na loita contra o COVID-19 e axudar a paliar os seus efectos sociais e económicos. Os fondos, procedentes de superávit e remanentes de tesourería, chegarán aos concellos a través do Plan Único (POS+2020), que con esta nova inxección económica extra alcanza os 66,2 millóns de orzamento nos primeiros catro meses do ano. Estes fondos serán de carácter prepagable, polo que os concellos percibirán as achegas económicas da Deputación de maneira inmediata, sen ter que agardar a xustificar o investimento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha